Mulleres da terra

Son mulleres. Mulleres galegas. Mulleres do rural. Mulleres que sempre miraron pola terra e que decidiron vivir dela. Mulleres que dignifican os traballos da aldea, que apostan polo propio e que saben sacarlle rendemento. Mulleres que innovan e emprenden dende as súas raíces. En definitiva, mulleres que lle dan vida aos nosos lugares, que nos…

Mulleres da terra

Manola é unha muller do rural que leva vivindo del e para el arredor de 25 anos. “Este traballo veume imposto. A min nunca me gustou ser gandeira, gustábame a aldea, desde logo, pero nós estabamos no estranxeiro e esta era unha maneira de volver para a nosa terra con traballo. Entón acordamos de vir”,…

Xa non queda quen pete

É martes de Entroido. Aí á tardiña, cando o sol pinta todo dunha cor alaranxada, decido saír da casa. Quero volver ver os camiños polos que sempre andei, na miña aldea, Xanceda. Todo está tranquilo, escóitanse as follas das árbores que o vento fai bailar e o bruar das vacas da contorna. Tanto silencio faime pensar, parece que…

Anisia Miranda, “o máis bonito acento cubano sobre da Nosa Lingua”

“Muller de incansable loita polos máis desfavorecidos e pola causa da igualdade social e os dereitos humanos, impulsora de iniciativas de divulgación cultural, pertinaz co seu exemplo e con ánimo de vitoria.” (Mero Iglesias, profesor, escritor e músico). “Muller íntegra e consecuente co seu pensamento politico. De carácter forte e moi doce ó mesmo tempo. Non…

Luz Fandiño, “a avoa amiga”, presenta os seus poemarios en francés

A de Luz que entrou o xoves á noitiña pola porta da histórica libraría Pedreira, en Santiago de Compostela… A iso das oito, unha muller doce e revolucionaria, co Che Guevara pousado no peito, agasallaríanos palabras con vida e con identidade da terra. E é que Luz Fandiño, poeta e loitadora dende o berce, presentaba…

Baila ao compás dos nosos tempos

Baila, si. Pero non levantes moito os brazos, lévaos á altura dos ollos. Non saltes moito, baila con mesura, con moderación e cun sorriso na boca. Deixa que o home sobresaia da fila para bailar nas túas saias e bote o punto. Ti, obsérvao e acata os seus movementos. “Bailamos porque si, porque nos peta e…

Layse Almada: trazando outras belezas

Layse Almada vístenos e íspenos. Si, a nós, ás mulleres. Os seus estudos como modista non só a levaron polo camiño da confección de prendas de vestir, senón que tamén aprendeu a nos quitar a roupa, a vergoña e os patróns de beleza de enriba. Sabe vestirnos de forza, de elegancia e de dignidade; e todo isto, tan…

O estudantado galego sae á rúa a prol dun ensino público

O estudantado galego de Secundaria, Bacharelato e Universidade clamou contra a Lomce, os recortes e o Decreto do 3+2 este pasado 13 e 14 de abril en varias cidades galegas como Santiago ou A Coruña. Convocada pola organización Erguer, estudantes da Galiza e o Sindicato de Estudantes, a greve foi secundada polo 90-95% do estudantado segundo estas…

Praga de intereses

A eucaliptización é un dos problemas máis graves que asoballa as terras galegas dende hai máis de 25 anos, e é impulsada polas políticas forestalistas nas que a Xunta de Galicia insiste. Supón unha praga que responde á ansia de gañar diñeiro de xeito rápido á costa da explotación dos nosos montes. Así, a degradación…

A forza do mar non pode coa forza da memoria

A forza do mar galego ten deixado ao seu paso unha longa historia de naufraxios. Van xa 125 anos daquel día no que o HMS Serpent, un buque da mariña real inglesa que se dirixía a África, afundiu nas nosas costas. Foi, exactamente, un dez de marzo de 1890, no que 172 dos seus 175 tripulantes…

A noite do teatro galego

O teatro galego está de festa esta noite, pois celebra a súa anual gala dos María Casares. O escenario do Teatro Rosalía da Coruña acollerá a vixésima edición dos galardóns, na que compiten 14 espectáculos, co gallo de lle “dar visibilidade e prestixio á nosa actividade teatral”. Todo isto, cando se cumpren vinte anos do…